- Categoría: Punto de interese
- Ruta: Ruta dos Bolos - Etapa Area Recreativa de Faramontaos
Esta área de recreo está situada a poucos metros do punto de saída da Ruta dos bolos, preto da base do “corno de pedra” de Pena Corneira. Nos seus límites verás árbores autóctonas: castiñeiros, carballos, piñeiros e loureiros. O merendeiro conta con mesas e bancos de pedra, unha zona de xogos infantís para os máis pequenos e colectores de lixo.