- Categoría: Muiño
Un dos muiños do conxunto singularízase fronte ao resto xa que foi un serradoiro utilizado durante anos polos veciños ata a primeira metade do século XX. A boca da canle de auga, en forma de torre, aberta e circular, é diferente á do resto de muíños e estaba pensada para facer funcionar a maquinaria. A auga baixaba polo conducto de pedra e almacenábase ata superar a cavidade. Logo deixábase caer de golpe para mover a serra.