- Categoría: Monumento
- Ruta: (Sin Determinar) - Etapa (NA)
Hai quen en lugar de ir ao dentista recorre a San Lorenzo e a esta capela. Acontece cada 9 de agosto en Veronza, onde se celebra a procesión dos fachicos. Buscando remedio contra a dor de moas e sobre todo empurrados pola tradición, os veciños cárganse ao lombo un madeiro de piñeiro ardendo co que dan nove voltas arredor da capela. Non se sabe por que, pero así pasou o costume de pais a fillos durante anos.
Fano cun madeiro seco aberto nun extremo, no que colocan piñas ou palla para manter a chama. Os fachicos pasan dunhas mans a outras, dende que escurece, na véspera de San Lorenzo, ata que pasan algunhas horas da media noite.