O máis chamativo desta zona de esparcimento é a poza de rego que no verán se converte nunha piscina natural á que acoden a bañarse veciños do municipio e dos arredores.
- Categoría: Punto de interese
- Ruta: Ruta dos Muiños - Etapa Vilar de Condes
- Localización: As Fermosas (tramo asfaltado) - Vilar de Condes
Chama a atención un dos muíños, incrustado nunha lousa de pedra, e xusto en fronte da que foi unha poza de rego para as terras dos arredores. O pozo reconverteuse nunha piscina natural que na época do verán se limpa e enche de auga. Veciños e xente dos arredores adoitan acudir a este lugar para bañarse e pasar unha tranquila xornada estival. A poza é un lugar moi seguro para o baño xa que a máxima altura da auga apenas supera os cincuenta centímetros. Na entrada da área hai unha réplica en miniatura do muíño principal.