turismocarballedadeavia.com

ga

  • es
  • en
  • fr
  • ga
Luns, 25-Setembro-2017



logo concello transparente
  • Carballeda de Avia, unha fiestra na natureza, un lugar para enmarcar.

    Carballeda de Avia, unha fiestra na natureza, un lugar para enmarcar.

  • Explora os camiños naturais: Ruta dos Cabalos, Ruta dos Bolos, Ruta dos Muiños

    Explora os camiños naturais: Ruta dos Cabalos, Ruta dos Bolos, Ruta dos Muiños

  • Camiños naturais, turismo rural, senderismo, mapas gráficos interactivos,...

    Camiños naturais, turismo rural, senderismo, mapas gráficos interactivos,...

  • Arquitectura, pobos, aloxamento, gastronomía,...

    Arquitectura, pobos, aloxamento, gastronomía,...

  • Información de lugares naturais únicos...

    Información de lugares naturais únicos...

  • Descarga de guías, mapas, videos,...

    Descarga de guías, mapas, videos,...


 
Blanco
PortadaseparatorLugaresseparatorMuiños das Fermosas


Muiños das Fermosas

Cinco muiños, rehabilitados no ano 2009 por un taller de emprego municipal.

Arquivo google-earth (.kml)Arquivo GPS (.gpx)
42º 19' 13'' N  8º 9' 55'' W (42.320296,-8.165267)

A dous deles accédese desviándose á dereita so sendeiro principal e atravesando unha pequena ponte de madeira baixo a sombra dos bidueiros.

Os otros tres muños localízanse no lado contrario do regato, rodeados de árbores autótocnas e abundantes fentos reais.

Destaca a súa situación para aproveitar a escarpada orografía do terreo. Todas as construcións están abertas para poder pasar ao interior e ver a moa.

 

Unha axuda para cargar os sacos.
Fíxate na fachada dos muíños. Nalgún deles, sobre o lintel da porta poderás ver un símbolo que representa a marca da familia propietaria ou o ano de construción. A maioría dos muíños son de principios do século XIX aínda que hai algúns anteriores e posteriores á data. Ademais, nun lado da porta, e máis ou menos á altura dos ombros, verás tamén unha pedra saínte. Esta servía para apoiar os sacos de fariña recén moída e cargalos con máis comodidade para o seu transporte.


Muiños das Fermosas - Foto 1
Muiños das Fermosas - Foto 2
Muiños das Fermosas - Foto 3
Muiños das Fermosas - Foto 4
Muiños das Fermosas - Foto 5
Muiños das Fermosas - Foto 6

agader
ministerio
xunta
galicia
feader

Publicidade
Poña a sua PUBLICIDADE aquí