turismocarballedadeavia.com

ga

  • es
  • en
  • fr
  • ga
Venres, 24-Marzo-2023



logo concello transparente
  • Carballeda de Avia, unha fiestra na natureza, un lugar para enmarcar.

    Carballeda de Avia, unha fiestra na natureza, un lugar para enmarcar.

  • Explora os camiños naturais: Ruta dos Cabalos, Ruta dos Bolos, Ruta dos Muiños

    Explora os camiños naturais: Ruta dos Cabalos, Ruta dos Bolos, Ruta dos Muiños

  • Camiños naturais, turismo rural, senderismo, mapas gráficos interactivos,...

    Camiños naturais, turismo rural, senderismo, mapas gráficos interactivos,...

  • Arquitectura, pobos, aloxamento, gastronomía,...

    Arquitectura, pobos, aloxamento, gastronomía,...

  • Información de lugares naturais únicos...

    Información de lugares naturais únicos...

  • Descarga de guías, mapas, videos,...

    Descarga de guías, mapas, videos,...


 
Blanco
PortadaseparatorBiodiversidade


Biodiversidade

 

Vexetación

 

A vexetación da comarca do Ribeiro é o resultado dun microclima seco e cálido ao ser esta unha área de transición bioclimática. Durante o teu percorrido poderaste encontrar con especies perennes como a sobreira, o érbedo, o piñeiro, a xara ou a xesta branca. Tamén especies caducas como a abeleira, o carballo ou o castiñeiro. Entre as flores abundan os dentes de can, que florecen a principios da primavera.

 

  • Sobreira (Quercus suber)
     img#73559

    Familia das fagáceas, perenne. De 8 a 10 m. de altura. Copa moi extensa e madeira dura. Codia formada por unha grosa capa de cortiza. Follas aovadas, enteiras ou dentadas. Flores pouco visibles. As súas landras miden entre 2-3 cm.
    Castelán: alcornoque Inglés: cork oak

     

  • Érbedo (Arbustus unedo)

     img#73559
    Familia das ericáceas, perenne. De 5 a 10 m. Flores brancas e froitos esféricos e rugosos avermellados (conteñen un pouco de alcohol). Ambos os dous aparecen en outono. Tronco con codia escamada e madeira de densidade moi alta, uilizada en ebanistaría. Abundantes na Ruta dos cabalos e dos muíños. Na parroquia de Beito hai un monte poboado só con esta especie.
    Castelán: madroño Inglés: tree strawberry

     

  • Xara (Cistus ladanifer)
    Familia das cistáceas, perenne. De 1,5 a 3 m. de altura. Follas opostas, estreitamente lanceoladas e de cor verde escuro pola face, esbrancuxadas polo envés. Flores grandes de 5-10 cm de cor branca pura, xeralmente cunha mancha avermellada.
    Castelán: jara Inglés:cistus

     

  • Abeleira (Corylus avellana)
    Familia das betuláceas, caduco. Caracterízase por ter o tronco e as ramificacións de aspecto retorcido. Abundan na parroquia de Abelenda das Penas, topónimo que colle o seu nome desta especie.
    Castelán: avellano Inglés:common Hazel

     

  • Carballo (Quercus robur)
     img#73559
    Familia das fagáceas, caduco. Codia gris moura, agretada na madurez. Follas alternas, caducas, provistas dun pecíolo curto con 5-7 pares de lóbulos de seos irregulares. Froitos en aquenio (landra) protexidos parcialmente por unha cúpula semiesférica. Nas Fermosas (4ª etapa da Ruta dos muíños) pódense ver dous grandes carballos centenarios ocos por dentro.
    Castelán: roble Inglés:oak

     

  • Castiñeiro (Castanea sativa)
    Familia das fagáceas, caduco. Árbore moi lonxeva. Codia lisa primeiro e despois rugosa, de cor marrón escura. As súas longas flores amarelas danlle un aspecto vivo en verán. En outono deixa caer os seus froitos envolvidos en ourizos de espiñas. A castaña é a principal protagonista da festa do magosto; moi típica en Ourense e tamén en Carballeda de Avia.
    Castelán: castaño Inglés:chestnuy

     

  • Uceira (Erica arborea)
     img#73559
    Arbusto da familia das ericáceas. Ten follas verticais escamosas e flores brancas en acios. As raíces son grosas e serven para facer cachimbas. Pode alcanzar os tres metros de altura.
    Castelán: urce Inglés:heather

     

  • Piñeiro (Pinus pinaster)
     img#73559
    Familia das pináceas, perenne. Entre 25 e 40 m. de altura. A copa pode ser piramidal ou redondeada. Talo erecto con fisuras. Follas verde-azuladas de entre 5 e 8 cm. de lonxitude. No Curro do Faro das Laceiras poderás ver un bosque de piñeiros mansos. Esta é unha especie protexida.
    Castelán: pino del país Inglés: pine tree

     

 

Fauna

 

A diversidade de ambientes existente nesta zona dá lugar a unha gran riqueza faunística. Encontrarás especies como a píntega rabilonga, a víbora de seoane ou o lagarto verdinegro. Con respecto ás aves, poderás ver bubelas, petos, picanzos reais, cotovías pequenas ou papuxas montesas, miñatos ou gatafornelas. Entre a fauna desta zona destacan tamén diferentes tipos de bolboretas e outros insectos. Os mamíferos máis comúns son os lobos e os xabarís; as cabras montesas e os cabalos e vacas salvaxes do Curro do Faro das Laceiras.

 

  • Píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica)
     img#80483

    Anfibo urodelo da familia dos salamándridos. Moi vivaz, mide uns 15 cm. Dorso mouro con dúas raias pardo douradas que se unen na base da cola, que mide máis de dous terzos da lonxitude total do corpo. Aliméntase de pequenas arañas, babosas, coleópteros e outros insectos. Especie vulnerable, protexida polo Convenio de Berna. Aparece no catálogo de especies ameazadas en España.
    Castelán: salamandra rabilarga Inglés: Gold-Striped Salamander

     

  • Víbora de seoane (Vipera seoanei)
    É un réptil de talle mediano, non adoita superar os 60 cm. de lonxitude. Corpo curto e cola pequena, que nunca é máis do 15% da lonxitude total do animal. Especie polimórfica que presenta variacións xeográficas notables. Aliméntase xeralmente da captura de pequenos mamíferos. É unha especie endémica da Península Ibérica.
    Castelán: víbora de seoane Inglés: Baskian viper

     

  • Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)
     img#80483

    Réptil, un dos lagartos máis grandes na súa zona de distribución, chegando a medir 40 cm. Ten unha cabeza curta, robusta e moi ancha. As escamas dorsais son grandes e mostran un notable aquillamento. Prefire as zonas húmidas, xeralmente próximas aos regatos de montaña.
    Castelán: lagarto verdinegro Inglés: Iberian Emerald Lizard

     

  • Miñato (Buteo buteo)
     img#80483

    Ave rapaz de tamaño medio con medidas típicas de 51 a 57 cm. de lonxitude e de 110 a 130 cm. de envergadura. Cola ancha e curta de forma redondeada. Cabeza robusta e colo curto. Ao remontarse presenta as ás elevadas e botadas cara a adiante. A parte superior da plumaxe (adultos) é marrón escuro, con liñas brancas na cabeza. Ten unhas rechamantes manchas claras debaixo das ás e o peito esbrancuxado. Na cola presenta unhas bandas transversais escuras. Caza en espazos abertos e aliméntase de pequenos mamíferos, e mesmo prea. Non adoita formar bandadas.
    Castelán: ratonero común Inglés:Common Buzzard

     

  • Picanzo real (Lanius collurio)
     img#80483
    Ave migratoria cunha lonxitude aproximada de 24 cm. do pico á cola. Xeralmente a súa parte superior é de cor gris perla, cunha banda de cor branca sobre os seus ollos e meixelas, e un suco negro dende a fronte ata a cobertura do oído. Aliméntase de insectos ou de presas de maior tamaño como ratos ou largartos.
    Castelán: alacaudón dorsirrojo Inglés: Gread Grey Shrike

     

  • Gatafornela (Circus cyaneus)
     img#80483
    Ave de entre 43 cm (femia) e 50 cm. de altura (macho). O macho é gris e a femia, castaña, con partes inferiores raiadas e barras negras nas ás. Aliméntase de aves pequenas, micromamíferos, réptiles e anfibios. Habita en matogueiras e campos baldíos. Pode verse todo o ano no norte de España. Caza buscando no chan cun voo de planeo rápido e baixo.
    Castelán: aguilucho pálido Inglés:Hen Harrier

     

  • Bubela (Upupa epops)
     img#80483

    Ave de 28 cm. de lonxitude. Plumaxe pardo-rosado. En voo as ás e a cola son brancas e negras, moi anchas; moño rosado, con puntas negras e longo pico curvado (sexos iguais). Aliméntase principalmente de larvas de escaravellos, saltóns, lagostas, bolboretas, formigas, cempés, moscas, algunhas arañas, escolopendras, ácaros e lombrigas. Son inconfundibles, especialmente polo voo errático que é como o dunha bolboreta xigante.
    Castelán: abubilla Inglés:Hoopoe

     

  • A cotovía pequena (Lullula arborea) caracterízase por posuír un dorso pardo con bandas negras, un píleo marrón tostado tamén bandeado, meixelas avermelladas e unha banda esbrancuxada supraorbitaria. Mide uns 15 cm.
    Castelán: totovía Inglés: Woodlark

     

  • Papuxa montesa (Sylvia undata)
     img#80483

    Ten unha longa cola graduada duns 6 cm. de lonxitude. Tanto femia coma macho presentan unha plumaxe similar. Arredor dos ollos ten un anel vermello. Patas amareladas. Mide uns 13-14 cm.
    Castelán: curruca rabilarga Inglés: Dartford Warbler

     

  • Existen diversas especies de peto (familia das pícidas). As máis comúns son unha con plumaxe predominantemente verde brillante, morado e laranxa; e outra branca e negra. Posúen fortes picos para tradear e tamborilar nas árbores. O seu tamaño varía entre os 20 e os 59 cm.
    Castelán: pájaro carpintero Inglés: Woodpecker

agader
ministerio
xunta
galicia
feader

Publicidade
Poña a sua PUBLICIDADE aquí