turismocarballedadeavia.com

ga

  • es
  • en
  • fr
  • ga
Venres, 21-Xullo-2017



logo concello transparente
  • Carballeda de Avia, unha fiestra na natureza, un lugar para enmarcar.

    Carballeda de Avia, unha fiestra na natureza, un lugar para enmarcar.

  • Explora os camiños naturais: Ruta dos Cabalos, Ruta dos Bolos, Ruta dos Muiños

    Explora os camiños naturais: Ruta dos Cabalos, Ruta dos Bolos, Ruta dos Muiños

  • Camiños naturais, turismo rural, senderismo, mapas gráficos interactivos,...

    Camiños naturais, turismo rural, senderismo, mapas gráficos interactivos,...

  • Arquitectura, pobos, aloxamento, gastronomía,...

    Arquitectura, pobos, aloxamento, gastronomía,...

  • Información de lugares naturais únicos...

    Información de lugares naturais únicos...

  • Descarga de guías, mapas, videos,...

    Descarga de guías, mapas, videos,...


 
Blanco
PortadaseparatorPrepara a tua ruta


Prepara a tua ruta

 

Elixe a estación da túa visita

Sempre será un bo momento para achegarte a Carballeda de Avia e gozar dos seus Camiños Naturais. Á hora de planificar a túa visita, dámosche algunhas pistas do que poderás encontrar en cada estación do ano.

 

Primavera

 img#11826É a estación do esplendor e do espertar da natureza tras o letargo invernal. Chamarache a atención o colorido da paisaxe: a ampla gama dos verdes, as primeiras flores,… É a época na que os ríos levan máis auga polo que é bo momento para ver en toda a súa intensidade a Ruta dos muíños que transcorre pola beira das canles que regan o territorio de Carballeda de Avia.


Verán

 img#11826Os días son máis longos e podes aproveitar para facer varias rutas ou explorar con máis detalle a que elixiches. Párate a analizar as características da fauna e da flora á sombra das árbores nas ribeiras e prolonga a sobremesa nas áreas de ocio de Veronza, Abelenda, Faramontaos ou de Vilar de Condes para bañarte na piscina natural fronte ao muíño.


Outono

 img#11826A paisaxe tórnase de cor ocre e nalgúns tramos dos camiños andarás sobre unha grande alfombra de follas secas. Pero mentres algunhas árbores se preparan para o inverno, castiñeiros e abeleiras aínda deixarán caer os seus froitos que poderás recoller sen problema nas zonas de monte. Igual que en toda a provincia de Ourense, en Carballeda hai unha gran tradición de magostos. Os veciños adoitan secar e gardar as abelás para consumo propio ou dos animais. Outro froito do estío é o do érbedo: esféricos, rugosos e de ton avermellado.


Inverno

 img#11826Nalgúns puntos como o Curro do Faro das Laceiras (Ruta dos cabalos) ou a parroquia de Faramontaos (Ruta dos bolos) pode chegar a nevar. Nos días soleados, tamén se poden facer as rutas para apreciar e valorar a pegada que o intenso frío desta zona alta de Galicia deixa na paisaxe. Será necesario extremar precaucións en lugares de pendentes pronunciadas debido ás xeadas.

 

Boas prácticas

Debes ter en conta unha serie de consellos antes de realizar calquera das rutas dos Camiños Naturais de Carballeda de Avia:

  • Evita abrir camiños que saian da ruta sinalada.
  • Fai caso das sinalizacións.
  • Deixa a natureza no estado no que ti a encontras, non a deteriores.
  • Se elixes facer a excursión en inverno, procura que non sexa nun día moi chuvioso; e se é a primeira hora da mañá, ten coidado cos chans escorregadizos a causa das xeadas.
  • Antes de iniciar a ruta recoméndase facer un quentamento previo e estiramentos ao empezar e ao rematar.
  • Utiliza calzado axeitado para camiñar. Se levas uns zapatos inapropiados corres o risco de esvarar.
  • Leva unha botella de auga para hidratarte a medida que camiñas. Ao longo das tres rutas encontrarás fontes nas que encher a botella.
  • Non esquezas protexerte do sol e levar crema fotoprotectora. Nas zonas máis altas, aínda que sopre o vento e non te decates, a incidencia dos raios é elevada e podes queimarte.
  • Non tires desperdicios. En ningunha das tres rutas hai papeleiras polo que deberás gardar o lixo nunha bolsa e tirala no colector de recollida selectiva adecuado cando chegues á casa.
  • Coida o mobiliario.
  • Respecta ás plantas e aos animais.

 

Teléfonos de interés

Concello de Carballeda de Avia
 img#26862988 48 70 00

Centro de saúde
 img#26862988 48 72 96

Cruz Vermella Ribadavia

 img#26862988 47 01 71

Emerxencias
 img#26862112

Farmacia Luis Milia Méndez (Carballeda de Avia)
 img#26862988 48 49 00

RENFE Ribadavia
 img#26862988 47 03 08

Taxis
 img#26862661 449 348 / 677 677 478

Parque de bombeiros Ourense
 img#26862988 37 00 00


agader
ministerio
xunta
galicia
feader

Publicidade
Poña a sua PUBLICIDADE aquí