turismocarballedadeavia.com

ga

  • es
  • en
  • fr
  • ga
Mércores, 7-Xuño-2023



logo concello transparente
  • Carballeda de Avia, unha fiestra na natureza, un lugar para enmarcar.

    Carballeda de Avia, unha fiestra na natureza, un lugar para enmarcar.

  • Explora os camiños naturais: Ruta dos Cabalos, Ruta dos Bolos, Ruta dos Muiños

    Explora os camiños naturais: Ruta dos Cabalos, Ruta dos Bolos, Ruta dos Muiños

  • Camiños naturais, turismo rural, senderismo, mapas gráficos interactivos,...

    Camiños naturais, turismo rural, senderismo, mapas gráficos interactivos,...

  • Arquitectura, pobos, aloxamento, gastronomía,...

    Arquitectura, pobos, aloxamento, gastronomía,...

  • Información de lugares naturais únicos...

    Información de lugares naturais únicos...

  • Descarga de guías, mapas, videos,...

    Descarga de guías, mapas, videos,...


 
Blanco
PortadaseparatorCamiños naturais


Camiños naturais

Camiños naturais - Foto
Audioguía de introducción aos Camiños Naturais

Podes descargar e escoitar este arquivo en formato de audio .mp3.

 
Os Camiños Naturais de Carballeda de Aviason unha aposta pola natureza como zona ecoturística. Comprenden tres grandes rutas de sendeirismo:

 


 

Fai click na ruta que desexes para obter máis información achega do intinerario, etapas, fotos...
 


 

Todas están acondicionadas con pasarelas, escaleiras de pedra ou pasamáns de madeira nas zonas de difícil paso. Tamén están sinalizadas con fitos quilométricos, balizas de seguimento e postes direccionais, ademais de paneis informativos.

 

O municipio de Carballeda de Avia,  que forma parte da comarca natural do Ribeiro, localízase no extremo  centro-oriental da provincia de Ourense. Ten unha extensión total de 46  km2 e unha poboación de 1.629 habitantes, agrupados en oito parroquias. A  capital é Carballeda, onde se poden encontrar toda clase de servizos  básicos como tendas de alimentación, farmacia, centro médico ou servizos  de hostalaría. No municipio localízase tamén unha casa de turismo  rural.

 

A comarca do Ribeiro é unha terra regada por unha densa  rede fluvial. Aquí conflúen os vales do Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño.  Ten un microclima seco e cálido, pero é unha zona bastante húmida  durante o inverno. A súa situación entre as serras de Faro e Suído,  resgardada da influencia oceánica, favorece a tradición vitivinícola  tamén característica de Carballeda de Avia. No municipio hai unha adega e  un colleiteiro, cunha produción máis limitada que a primeira. Os  veciños tamén fan e venden o seu propio viño coa uva das súas viñas.

 

Na sección de descargasdispos dun mapa e unha guía descargables das rutas, así como audioguías en formato .mp3.

 


 
Tamén podes obter información acerca de:


agader
ministerio
xunta
galicia
feader

Publicidade
Poña a sua PUBLICIDADE aquí