turismocarballedadeavia.com

ga

  • es
  • en
  • fr
  • ga
Luns, 29-Maio-2017



logo concello transparente
  • Carballeda de Avia, unha fiestra na natureza, un lugar para enmarcar.

    Carballeda de Avia, unha fiestra na natureza, un lugar para enmarcar.

  • Explora os camiños naturais: Ruta dos Cabalos, Ruta dos Bolos, Ruta dos Muiños

    Explora os camiños naturais: Ruta dos Cabalos, Ruta dos Bolos, Ruta dos Muiños

  • Camiños naturais, turismo rural, senderismo, mapas gráficos interactivos,...

    Camiños naturais, turismo rural, senderismo, mapas gráficos interactivos,...

  • Arquitectura, pobos, aloxamento, gastronomía,...

    Arquitectura, pobos, aloxamento, gastronomía,...

  • Información de lugares naturais únicos...

    Información de lugares naturais únicos...

  • Descarga de guías, mapas, videos,...

    Descarga de guías, mapas, videos,...


 
Blanco
PortadaseparatorCamiños NaturaisseparatorRuta dos Cabalos


Ruta dos Cabalos

Ruta dos Cabalos - Foto
  • Dificultade: Media-Alta
  • Lonxitude: 5.8 Km. (3.6 millas)
  • Duración: 2:30 h (A Pe)
  • Desnivel de subida: 853 m.
  • Desnivel de baixada: 70 m.
  • Nº de etapas: 3
A peA pe
En biciEn bici
En cocheEn coche
Quad/MotoQuad/Moto
Guía en PDF Arquivo google-earth (.kmz) Audioguía da ruta (.mp3)

Esta ruta avanza polas zonas máis elevadas de Carballeda de Avia polo que gozarás dunhas vistas espectaculares. Sen dúbida é unha galería cara ao Ribeiro. O final do camiño é o Curro do Faro das Laceiras, que toma o seu nome desta construción. O "curro" é un curral circular valado onde se gardan ou encerran temporalmente os cabalos que se crían no monte, así como a operación de marcar, separar e rapar aos animais; e a festa que se desenvolve arredor desta actividade.

O camiño comeza na aldea das Fermosas, punto de unión coa Ruta dos muíños. Despois de refrescarnos na fonte ao pé do sendeiro empedrado, comezaremos a subida cara ao curro que se encontra a 1.600 metros sobre o nivel do mar. Un tramo do traxecto, uns 2 km. aproximadamente, discorre por estrada asfaltada e o resto, por camiño de lastre entre montes de matogueira baixa.

 

En plena subida ao curro, e moi próximo ao fito quilométrico 11, encontrarás un banco no que vale a pena pararse a descansar un anaco para recrearse no silencio e contemplar as espectaculares vistas panorámicas: Carballiño, Cenlle (NO), a parroquia de Carballeda de Avia, as naves da cooperativa vitivinícola de Ribadavia, o azul do encoro de Castrelo de Miño, os montes tras os que se encontra a cidade de Ourense (NL); Arnoia, Melón, A Cañiza, os montes de Celanova e xusto detrás, outros en territorio portugués (SL). Dende aquí tamén se ve a Ruta dos bolos (N).

 

Na entrada do curro verás dúas áreas de descanso con mesas e bancos de pedra, unha moi próxima a unha carballeira e a segunda, debaixo dun bosque de piñeiros mansos. Esta última é unha especie protexida polo que, aínda que che chamen moito a atención, evita levar as súas pequenas pinas (miden entre 2-6 cm.). Outra especie moi abundante é a uceira (arbusto).

Nun dos extremos hai unha fonte de auga moi fría e cristalina e dous pozos artificiais que serven de bebedoiro para os animais e, en verán, de balsa habitual para os efectivos antiincendios.

O curro do Faro das Laceiras foi restaurado en 2006 xa que a construción orixinal se encontraba en moi mal estado. Cada primeiro domingo de setembro celébrase aquí un curro (o único da provincia de Ourense) e unha gran festa en honra ao cabalo organizada pola Comunidade de Propietarios das Laceiras coa colaboración do Concello. A xornada anterior, os propietarios dos equinos búscanos nos montes e lévanos ata as proximidades do cercado. O día da festa, donos e voluntarios (noutros lugares de Galicia chámanos aloitadores) separan, marcan e rapan aos cabalos. Durante toda a mañá hai compravenda de animais. A súa principal función é manter o monte limpo e a cría para consumo de carne.

 

Multitude de persoas reúnense durante todo o día neste lugar para sumarse á festa. A comida lévase da casa (non se permite facer lume) e tamén se instalan pulpeiras, postos de carne ao caldeiro, churrasco, etc. O último domingo de agosto os merendeiros tamén se enchen de vida cos asistentes á romaría da Xestosa que se celebra nunha capela próxima pertencente ao municipio de Covelo (provincia de Pontevedra).

No Faro das Laceiras únense os municipios de Melón, Avión, Carballeda de Avia e Covelo.

Ruta dos Cabalos - Mapa
Etapas - Ruta dos Cabalos:




agader
ministerio
xunta
galicia
feader

Publicidade
Poña a sua PUBLICIDADE aquí